27 junho 2012

poesia erótica


Eran follas pequechas,
se cadra de carballo,
non sei ben.
Apareceron xuntas
ondao río.
Non igual ca unha
ofrenda, pero tenras.
Fixéronme lembrar
o seu consello: “non
esquezas o corpo”.
Como se a intelixencia
fose o único obstáculo
que debía
vencer. (De certo,
non era o único.)
Pero como facer
que as palabras se abran
coma follas?
Se o soubésemos pensó
que non escribiríamos.
Porque non hai
talento para
a rabia, senón só rabia.
Non hai sensualidade,
senón cousas sensuais.
O que el dixo daquela
non pode transmitirse
e no espello do río
non canta o noso amor.

maria do cebreiro